Amig@s tod@s
Chegamos a acadar un número de visitas que nin imaxinamos en algo máis dun ano de existencia. Máis de 260 post, comentarios xenerosos, outros construtivamente críticos...
Moveunos a "brincadeira" cotidiana, compartimos a nosa preocupación por aqueles aspectos que dificultan, ao noso entender, unha marcha máis harmoniosa do mundo, desde o que conformaba o noso máis inmediato até o que, medido en distancia física, resultaba máis lonxano.
Abonda, creo, pola miña parte e agardo ter contribuído a alimentar o espírito co que naceu este recuncho, mais non quero deixar de agradecer a tod@s @s tevabueneir@s a confianza, o respecto e a xenerosidade coa que se me tratou. Á Presidenta de Honra, a miña gratitude pola idea, o apoio e as moitas contribucións; ao resto das editoras, o alento, a participación e os risos, aínda que só foran virtuais.
Gracias a Antonio, Irene, Isaac, Isotxa, María Vilariño, María Xosé, Marisa, Marta Cartelle, Marta Celanova e Silvana, polo seguimento, polas ideas, por todo o compartido, neste e noutros espazos (que non me esqueza de ninguén!!).
Gracias a Maura e a Manuel Anxo, á Pirámide, á Píntega e a tod@s os que, aínda que só fora nunha ocasión, visitastes este espazo e fixestes de cada axexo, de cada comentario, un estímulo para seguir.
Oxalá alguén lle siga dando vida a este blog, pero servidora bótalle con este post a chave á porta que lle deu sempre entrada ao tan querido Tevabuena. Entendede que agora, máis soa ca nunca pola alfombra de veludo estragado, fáltanlle a unha os folgos para seguir.
Vémonos -sei que isto me vai valer máis dun sarcasmo- nos bares!
Non somos tod@s @s que estamos, pero non sei onde metín as fotos dos bos tempos. Que esta imaxe, malia as ausencias, sirva para dicir:
Gracias mil e até sempre!!!!