sábado, 1 de março de 2008

Amig@s tod@s

Chegou o momento da despedida de quen lles escribe. Lamento no máis fondo perder estar vía de contacto, sempre tan "alentosa", pero haberá outras tamén interesantes.
Chegamos a acadar un número de visitas que nin imaxinamos en algo máis dun ano de existencia. Máis de 260 post, comentarios xenerosos, outros construtivamente críticos...
Moveunos a "brincadeira" cotidiana, compartimos a nosa preocupación por aqueles aspectos que dificultan, ao noso entender, unha marcha máis harmoniosa do mundo, desde o que conformaba o noso máis inmediato até o que, medido en distancia física, resultaba máis lonxano.

Abonda, creo, pola miña parte e agardo ter contribuído a alimentar o espírito co que naceu este recuncho, mais non quero deixar de agradecer a tod@s @s tevabueneir@s a confianza, o respecto e a xenerosidade coa que se me tratou. Á Presidenta de Honra, a miña gratitude pola idea, o apoio e as moitas contribucións; ao resto das editoras, o alento, a participación e os risos, aínda que só foran virtuais.


Gracias a Antonio, Irene, Isaac, Isotxa, María Vilariño, María Xosé, Marisa, Marta Cartelle, Marta Celanova e Silvana, polo seguimento, polas ideas, por todo o compartido, neste e noutros espazos (que non me esqueza de ninguén!!).


Gracias a Maura e a Manuel Anxo, á Pirámide, á Píntega e a tod@s os que, aínda que só fora nunha ocasión, visitastes este espazo e fixestes de cada axexo, de cada comentario, un estímulo para seguir.


Oxalá alguén lle siga dando vida a este blog, pero servidora bótalle con este post a chave á porta que lle deu sempre entrada ao tan querido Tevabuena. Entendede que agora, máis soa ca nunca pola alfombra de veludo estragado, fáltanlle a unha os folgos para seguir.


Vémonos -sei que isto me vai valer máis dun sarcasmo- nos bares!


Non somos tod@s @s que estamos, pero non sei onde metín as fotos dos bos tempos. Que esta imaxe, malia as ausencias, sirva para dicir:


Gracias mil e até sempre!!!!

9 comentarios:

A pirámide disse...

Levabamos xa algún tempo temendo este día, e tiñamos esperanzas de que nunca chegase, pero somos funcionari@s e tendemos a equivocarnos. Ao sentarnos diante deste trebello que nos absorbe, imos botar en falta este espazo de reflexión, desafogo, inxenio e choquería que nos debuxaba o sorriso diario na nosa triste cara de xanela administrativa.
Grazas por crear en nós un ansia que nos apartaba cada vez máis de ler o DOG en pdf ou das páxinas de voos de baixo custo. Grazas pola mención inmerecida e polos ánimos en tempos de seca.
Mais nós tamén queremos ser nenas felices, e temos dereito a ler un blog coma este, a que nos enchan de autoestima estilo tevabuena e a cursos de formación en horario laboral. É o mínimo que podemos pedir. O máximo sería ver a este pequeno cacho de tevabuena que aínda resiste, pasear "discreta a la par que elegante", firme e orgullosa polo medio e medio dese veludo estragado, con ansia de armala boa de novo.
E ao resto da xente tevabuenil tamén lles queda esta pirámide agradecida, e que saiban tod@s que están convidad@s a formar parte da función pública. Veñan cando queiran.

Anónimo disse...

Certo é que o tevabuena viviu días mellores que os presentes que, me temo que cada vez máis tristes polas ausencias, van decorrendo. Un bico para as últimas marchas, que saiban que en Pontevedra sigue habendo un sitiño para dous para cando queiran vir de visita.
Pese a que desde que deixei o mundo de Nutrix tamén deixei de visitar o blog con tanta frecuencia propoño unha solución menos drástica que o peche. Deixemos o blog coas colaboracións (por poucas que sexan) que vaian xurdindo, que cada día que vexamos unha fricallada ou algo verdadeiramente curioso siga habendo un oco para lembrarnos do tevabuena e deixemos aquí a nosa aportación. Máis lent@s si, mais decaer por completo, non.
Un bico a tod@s!

Anónimo disse...

Estou de acordo con Meri, é unha pena deixar de poder comentar cousas nun sitio coma este... Agora máis que nunca temos que seguir tod@s unid@s.
[I.]
Por certo, alguén viu a gala de Mr. España? Guapo, guapo, non é...
E o de Ordes quedou entre os seis finalistas...

Anónimo disse...

Boas...
Dáme moita pena este momento, sobre todo polos poucos ánimos que se intúen a través da rede, e que cremos xustificados. Non vai ser o mesmo, está claro, xa hai tempo que non o é, e eu pola miña parte, penso que cando unha cousa é tan boa, e ten tanto valor (cando menos para nós) é mellor non o estragar.
Pero por outra parte... é moi difícil botar o peche, non vai ser o mesmo mundo sen Nutrix, aínda que tiveramos claro que algún día haberíamos ter que romper o cordón e "ceibarnos" de tantos momentos bos como pasamos, real e virtualmente.
Aínda así, sempre nos quedarán os bares! (Esta vai dedicada á alma mater do Tevabuena, sen ela, non sería o mesmo). Grazas a ti!
[S.]

Anónimo disse...

Amig@s tod@s, xa que non nos imos ver aquí... a ver se polo menos quedamos nas tascas.
Bicos e moitas grazas polos momentos de rexouva que nos deu esta ventá que abristes.

Anónimo disse...

Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Notebook, I hope you enjoy. The address is http://notebooks-brasil.blogspot.com. A hug.

Anónimo disse...

I can not take part now in discussion - there is no free time. But I will soon necessarily write that I think.

Anónimo disse...

I needed to send you a bit of observation so as to thank you so much once again relating to the superb tips you have documented on this site. It was certainly shockingly generous with people like you to present without restraint what most of us could have supplied for an e-book to help with making some bucks for themselves, primarily since you could have tried it in case you desired. The good ideas likewise served to become a great way to fully grasp that some people have the identical zeal the same as mine to figure out whole lot more in regard to this issue. I'm certain there are millions of more enjoyable occasions up front for individuals that see your forum post.

Anónimo disse...

If this sounds in the vicinity of Greater amounts of Vancouver also referred to as BC also referred to as this jassen is never ! will need with your more or less improvements going to, Currently have impression every day organizations. I will try to find your data for your site and perform our best to help you a little while yourdream craft also referred to as buldings. http://www.vancouverhomesrealestate.com/

 
- - - - - - - - - Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons . - - - -