quinta-feira, 14 de fevereiro de 2008

Non sabemos se rir ou chorar

Se non fora tan revelador, tan temible, aínda era para rir un cacho coas declaracións da tal María San Gil, á que aloumiñan e protexen todos os titulares da prensa facha:
El Correo Gallego:
La USC estudiará la expulsión de los agresores de María San Gil

La Región: Los estudiantes de Económicas muestran su 'unánime y enérgica repulsa' por el intento de agresión a San Gil

El Mundo: Un grupo de independentistas intenta agredir a María San Gil en Santiago de Compostela

ABC: Estudiantes independentistas intentan agredir a María San Gil en Santiago de Compostela

Alguén comentou moi atinadamente por aí, que non lembran agora eles -sabemos ben da súa memoria selectiva- cando a Carrillo, que era investido Honoris Causa pola Autónoma de Madrid, un grupo arengado desde a ultradereita, máis concretamente pola voz radiofónica do innomeable FJL, lle chamaron asasino e xenocida. Claro, pero "yo más". Eis unha nova martir da causa neofalanxista.

Do resto, do que pensedes ao respecto, dicide vós, que non estamos moito para reflexións.

E xa está ben, que estamos entrando en cuestións máis serias do habitual. O próximo vai de algo divertido, se a actualidade nolo permite.

2 comentarios:

Anónimo disse...

de verdade alguem pensa que o queriam fazer os rapazes era "agredir" a Maria San Gil? (postos a agredir, quem leva as de ganhar: o prosegur e os gardacostas que vam armados ou os estudantes?)eu entendo que o queriam fazer era amosar rechaço pola sua figura, e posicionar-se politicamente na sua contra, e boicotar um acto. Além disto: está também a questom de qué fazia Maria San Gil dando charlas na faculdade de Económicas em plena pre-campanha electoral e, desde logo, até que ponto pom em causa isto a autonomia e a independência da instituiçom universitária. Maria San Gil, desde logo, está encantada: apanhou uns quantos votos mais e nom se lhe recachou um pelo do flequilho. mas essa é outra questom: a das estratégias de intervençom política e a sua efectividade... acabei [i.]

Anónimo disse...

olá, deixo-vos o enlace com o comunicado dos rapazes presentes em económicas o dia de autos(olho, nom confundir com o comunicado do sindicato AGIR, que só representa a umha minoria dos afectados): http://galiza.indymedia.org/gz/2008/02/14268.shtml
[i.]

 
- - - - - - - - - Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons . - - - -