terça-feira, 26 de fevereiro de 2008

Homes respectados/respectables

Se hai un exemplo de respecto ás últimas vontades dun finado, se hai unha forma de homenaxe máis explícita a unha forma de pensar, de sentir, á integridade de quen quixo deixar constancia de que de non ter chegado a parca antes de tempo, tería feito un xesto derradeiro, este está reflectido na imaxe que vos deixamos.
Esquecendo a tendencia ideolóxica persoal de cada un, pensemos no significado que ten esta mensaxe: "hombre digno donde los haya [...] en reconocimiento a una vida llena de compromiso [...] con la pena de no poder ejercitar el derecho democrático al voto el 9 de marzo, a JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ ZAPATERO".
Xa lle pode estar agradecido ZP, porque a última vontade deste home era a de contribuír á súa reelección como presidente do Estado español.
Quen dera persoas tan fieis, malia ter constancia das consecuencias, porque se no canto de José Luis, tivera posto Mariano, a maquinaria do reaccionarismo peperil, deixaría de concentrarse na campaña electoral para lle facer un amaño a Justiniano e, cual Lázaro, erguelo e polo a camiñar cara ao colexio electoral; aínda máis, achegaríanlle sen problemas a urna para que puidese exercer o seu dereito, tanto tería se non fose precisamente democrático en tales circunstancias. Pero facendo un repasiño pola biografía deste home de ben, non é doado imaxinalo cedendo á chantaxe da dereita: un militante antifranquista, comunista para máis inri, e condenado a cadea perpétua no 1960 por formar parte do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación, que reivindicara a autoría dun atentado con dúas bombas contra un local da Falange en Madrid.
Insistimos: compártase ou non a ideoloxía deste home, ao que a súa familia recoñece coma un loitador pola xustiza e a liberdade, xa dariamos algo porque "en la hora postrera" tiveramos tal ocorrencia.
Descanse en paz, pois Justiniano, máis en paz se non puido ver o debate de onte pola noite.

2 comentarios:

Anónimo disse...

Parabéns, máis unha vez, polo extraordinario labor de redacción do Tevabuena. Aínda me estou a rir...
[S.]

Anónimo disse...

2Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... reporte gratis en mexico - reporte gratis en mexico - reporte gratis en mexico - reporte gratis en mexico - reporte gratis en mexico - reporte gratis en mexico

 
- - - - - - - - - Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons . - - - -