domingo, 24 de fevereiro de 2008

Até sempre

O Tevabuena leva días moi triste. Por eso e polas présas varias non escribimos.
E hoxe, permítaselle personalizar este post a unha das poucas superviventes, a única do equipo tevabuenil que aínda camiña -agora xa só pola beira- da mugrenta alfombra vermella.
Nunha das paredes, na que aínda queda un "Feliz 2008" do Nadal pasado, colga tamén a folla dun calendario, cunha data sinalada: o 29 de febreiro. Ese é o derradeiro día de traballo para as nosas Rabuda e Motorciños. Non saben elas aínda do meu sentimento de nostalxia previa a ese primeiro luns baleiro da súa presenza.
Foron, despois das marchas varias e tan significativas, a miña alegría polas mañás, o motivo dos risos. E agora... Non é que non vaia volver rir, pero dificilmente o farei nese espazo. Para cando encaixe coa xente nova que entra, xa estarei eu eu liando o petate.
E así, sen máis, con pena grande e co desexo sincero de que o futuro que lle agarda estea cheo de grandes éxitos para elas, que valen un mundo.
Até sempre, compañeiras!!!

4 comentarios:

A pirámide disse...

A ver, a ver, a ver. Estamos falando dunha despedida moi sentida de varias carrabouxinhas que de seguro van mermar as capacidades deste Tevabuena pero que en absoluto significa o peche, non si?
Mirade que temos os dedos cruzados das mans e dos pés e o corazón a 126 e subindo.
E para rematala hoxe hai debate

carraboujo disse...

Facemos o que podemos, pero non é doado.
Grazas á Pirámide, grazas tamén a M.A e M (admon.) polos ánimos.
Tentaremos aguantar pero non corren os mellores tempos para a nosa modesta prosa.

A pirámide disse...

Fiuuuuuuuuuuuf.
Agora moito mellor, grazas.

Anónimo disse...

Ánimo abuela, que o mundo non é tan grande como para perderse!
Bicos

 
- - - - - - - - - Creative Commons License
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons . - - - -